歌手:
Luar Na Lubre
专辑:
《Hai un paraiso》O meu país
é verde e neboento
É saudoso e antergo,
é unha terra e un chan.
O meu país
labrego e mariñeiro
É un recuncho sin tempo
que durme nugallán.
Q quece na lareira,
alo na carballeira
Bota a rir.
E unha folla no vento
alento e desalento,
O meu país.
O meu país
tecendo a sua historia,
Muiñeira e corredoira
agocha a sua verdá
O meu país
sauda ao mar aberto
Escoita o barlovento
e ponse a camiñar
Cara metas sin nome
van ringleiras de homes
E sin fin.
Tristes eidos de algures,
vieiros para ningures,
O meu pais.
O meu país
nas noites de invernía
Dibuxa a súa agonía
nun vello en un rapaz.
O meu país
de lenda e maruxias
Agarda novos días
marchando de vagar.
Polas corgas i herdanzas
Nasce e morre unha espranza
no porvir.
E unha folla no vento
alento e desalento
O meu país.