Mensaxeiros do Pasado Hai unha luz na escuridade que resplandece o noso redor, son vellos amigos que veñen a nos lembrar os nosos segredos dos dias antigos, cantan pra espertar as nosas lembranzas dos dias da maxia e a irmandade, os misterios das herbas, das pedras e das árbores, pra nos xuntar e bailar ó son das nosas cancións. E asi camiñar xunto os vellos espiritos, con coroas de follas de carballo, e brebaxes de auga e mel fermentados, agardan o noso reencontro coas fadas de antigos nomes. E asi durmirei baixo as estrelas.