Xordas Xordas fican as miñas orellas, cegos fican os meus ollos, eu que baixei, eu que baixei, coas meigas os bosques e alí escoitei. Xordas fican as miñas orellas, cegos fican os meus ollos, eu que subin o alto dos cumios, e alí observei, ali observei. Óso e madeira, pedra e trisquel, coñecín os que moran no alto das árbores, os que corren espidos na neve do inverno, os que vagan nas sombras cantando unha canción. Óso e madeira, pedra e trisquel, coñecin os que rin en fronte o perigo, aqueles que poden agocharse baixo as pedras, tamén os que teñen lume nos ollos. Mais nada que facer, non comprenderei, e aqui xacerei, durmirei. (repeat)